Saída: Ás 09:00 h dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra.
Inicio do Roteiro: Ponte Maceira (Ames) a 63 Km de Pontevedra
Monitores: Segundo Querejeta e Ramona Abellas.
INSCRICIÓN: Inclúe organización, seguro e monitores. Desprazamento por conta do participante (coordinaremos a disponibilidade de vehículos).
DESCRICIÓN: Ponte Maceira, un dos pobos máis bonitos de España, une os municipios de Negreira e Ames separados polo Río Tambre.
Iniciamos o roteiro en Ponte Maceira, atravesando a ponte (datado do século XIII) e o Pazo de Baladrón penetrámonos no “bosque máxico”, cheo de castiñeiros, carballos, piñeiros e outras especies autóctonas. Tras finalizar este primeiro tramo o roteiro condúcenos a marxe do río Tambre. O carreiro acompaña ao río, ancho, caudaloso e silencioso. O río escóndese tras unha beira con abundante vexetación que nos permite desfrutar de forma moi intermitente das vistas do río Á altura de Portochán a ponte permítenos cambiar de marxe e iniciar o regreso.
Na área recreativa de Tapia aproveitaremos para comer e se o tempo acompaña darnos un baño.
A volta acompañando o descenso do río realízase por carreiros, algún tramo estreito e sinuoso, e outros veces ancho e doado de camiñar.
DIFICULTADE: Baixa, aproximadamente 22 km.
MATERIAL ACONSELLADO: Roupa e calzado cómodo e de abrigo, chuvasqueiro si hai previsión de choiva ou vento, comida e auga para o día, gorra, gafas de sol, crema solar e bastóns. (bañador e toalla porsi).