Saída: Ás 08:30 h dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra.
Inicio roteiro: Mosquete (Boiro) a 58 Km de Pontevedra
Dificultade: Media-Alta (21 Km aprx.)
Monitores: Ramona Abellás e Segundo Querejeta
Actividade:
Iniciamos o roteiro na localidade de Mosquete. Nun primeiro tramo de pronunciada subida, chegamos ao “Castelo de Vitres”, unha fortificación medieval da que apenas quedan vestixios. Desde este punto podemos observar unha vista panorámica da Ría de Arousa. Seguimos camiño por unha senda ata chegar a “Os Curros”, o punto máis alto do percorrido. Seguimos por un camiño máis chairo e ímonos atopando as primeiras mámoas, chegando logo á localidade de Noceda. Seguimos camiño e xa no punto de retorno, atopámonos outra mámoa, desde a que temos unha vista panorámica da Ría de Muros e Noya. Xa en camiño de regreso nos imos atopando distintas mámoas, ata chegar á impoñente mámoa “Arca do Barbanza”. Seguimos camiño, xa por pista, ata un desvío a unha loma dende a que divisamos novamente a Ría de Arousa. Dende este punto iniciamos en pronunciado descenso, en primeiro lugar por senda e logo pola empedrada “Calzada de Vitres”, para chegar finalmente a Mosquete.
MATERIAL ACONSELLADO: Roupa e calzado cómodo e de abrigo, chuvasqueiro si hai previsión de choiva ou vento, comida e auga para o día, gorra, gafas de sol, crema solar e bastóns.