IMPORTANTE: Peche de inscrición o luns 16 de novembro, para poder xestionar o aloxamento. Despois desta data informaremos as/os participantes inscritos a modalidade de aloxamento.
DESENVOLVEMENTO: Actividade de dificultade BAIXA/MEDIA.
Acordaremos horario de saída e lugar no grupo de whatsapp que crearemos cos participantes para coordinar a actividade.
Saída sábado 21 de novembro dende o pavillón dos deportes de Pontevedra, viaxe de 1 hora e 50′.
Sábado, día 21 de novembro (aprox. 12 km.): saímos do parking do mirador Praia Lago-A Frouxeira e polo areal de Valdoviño adentrámonos na Praia de Rouxeira, un dos maiores arenais de Galiza destacada pola súa beleza e a súa grange ondaxe. Seguiremos pola praia de Prados e Praia de Cristina, arenais continuos, del todo salvaxes. Costeando polo cantil chegamos á Cruz de Punta Fouxeira onde disfrutaremos de espectaculares vistas e seguindo o roteiro dos pescadores acadaremos ó Faro de Punta Frouxeira rodeado de bunkers, postos de combate, fortificacións e túneis que desembocan no cantil. O faro tal como o coñecemos hoxe foi inaugurado no 1994, presenta un deseño vangardista de líñas rectas con 47 metros de altura, adaptado específicamente á dureza do entorno e foi un dos primeiros faros en España deseñado para funcionar de maneira automatizada e controlada a distancia. O seguinte elemento a destacar no roteiro costeiro é a Ermida Virxen “O Porto”, construida sobre un illote rochoso o que só pódese acceder a pé cando baixa a marea e cunha historia interesante que contaremos polo camiño. Pasando polas Praias de Mourilla, de Rego e de Meirás chegamos a Lavacerido e subindo polas ruínas das Baterías de Montefaro ascenderemos ao Pico da Vela de 244 metros de altitude, sendo un dos picos e miradoiros máis elevados da costa galega. Noso roteiro terminará na salvaxe Praia de Campelo con forma de cuncha, area dourada mixturada con cantos rodados e encaixonada entre altos cantís.
Domingo, día 22 de novembro (aprox. 15 km.): comezaremos o roteiro na Praia de San Xurxo duns 2 km de lonxitude que destaca pola súa area branca e fina, con grande ondaxe e vento, ideal para a práctica do surf. O obxectivo do día será rodear Cabo Prior desfrutando das vistas ao mar Atlántico e dos elementos históricos que atoparemos no camiño, ligados á defensa militar marítima e á actividade baleeira medieval. Visitaremos baterías costeiras e postos de mando utilizados para defender a base naval de Ferrol. Tamén visitaremos o Faro de Cabo Prior, inaugurado en 1853, e que elévase a máis de 100 metros de altura. Unha escalinata na rocha baixa hacia a antiga zona da serea da néboa. Segueremos o noso camiño e costeando, nos tramos que se poida, chegaremos á Praia de Santa Comba duns 1400 metros de lonxitude que percorreremos para coñecer no seu extremo este a Ermida románica de Santa Comba situada nun illote chamado Illa do Medio, ao que poderemos acceder só si coincidimos ca baixamar. Voltaremos ata o punto de partida pola aldea Vilar.
MATERIAL necesario: mochila, frontal (obrigatorio), alimentos e bebida para o día, bastóns, botas ou zapatillas de montaña, peza de abrigo, peza impermeable, gorra, lentes de sol, crema solar e material que cada un considere que poida necesitar.
O CUSTO INCLÚE: Desprazamento en coches de participantes, aloxamento, guiado benévolo da actividade e seguros obrigatorios, non haberá xuntanza informativa previa, as dúbidas resolveranse por correo-e do club ou no whatsapp de grupo que crearemos cas/os participantes.
TRANSPORTE: Vehículos propios.