Familiar – Xurés e río Caldo

Datas para o evento

O 30 Agosto, 2025 á s 09:30

Localización

Lobios

As/os menores deberán vir acompañados dun adulto ao seu cargo.

Programa

Lugar: O Xurés (Lobios-Entrimo)

Organiza: Carmen Iglesias e Manuel Beloso

Saída.- Sábado 30 dende o Pavillón dos Deportes de Pontevedra ás 9:30 h

Inclúe organización, cea do sábado, pernocta do sábado en bungalow camping Viña Grande, almorzo do domingo e seguro para Non Federado. DESPRAZAMENTO e resto de comidas por conta do participante.

Desenvolvemento.- Faremos viaxe o mesmo sábado 30 (2 ½ horas aprox.) ata as inmediacións do río Caldo. Baño e xantar á beira do río. Marcharemos arredor das 19:00 h ao Camping Viña Grande, cear e durmir. 

O domingo 31 pola mañá tralo almorzo faremos unha pequena camiñada ata as pozas da Corga da Frecha (ou algún roteiro similar), onde nos bañaremos e xantaremos, baixada de volta e retorno arredor das 18:00 h para chegar a Pontevedra contra ás 21:00 h.

Material necesario.- Gorra, crema solar, roupa de baño, calzado para auga (chanclas pechadas na taloneira para bañarse no río cheo de cons), chuvasqueiro se o tempo o precisa, calzado e roupa para camiñar, algo de roupa de abrigo e moitas gañas de desfrutar. 

Localización

COMPARTIR:

Máis información

Organiza: Vogalía de Montañismo

Organiza: Vogalía de Montañismo

Localización: Lobios
Poboación: Lobios
Provincia: Ourense
C.P.: 32895
País: España

Datas da actividade

1
Desde 30 Agosto, 2025 ás 09:30 ,
ata o día 31 Agosto, 2025 ás 21:00

Taboa de prezos

Tipo de billete Prezo
Socia/o Federada/o <18anos 30 €
Socia/o Federada/o >18anos 35 €
Socia/o Non Federado/a 40 €
Non socia/o <18anos 40 €
Non socia/o >18anos 60 €