Ascensións ao Fariñentu e Peña Rueda

Crónica dunha das poucas saídas invernais de montaña que puidemos facer este ano: o fin de semana do 18-19 de xaneiro, coas ascensións ao Fariñentu e Peña Rueda, en Quirós-Asturias.

Sábado 18 de xaneiro 2020

Ascensión ao Fariñentu (2.170 m.):

Iniciamos a ruta en Lindes, percorrendo a Foz Grande e os seus faiais ata chegar aos Puertos de Agüeria, onde destacan as formacións boscosas de acibros.

Dende esta zona iniciamos o percorrido de alta montaña e ladeiras de neve para ascender o Fariñentu pola súa vertente Sur, unha larga pendente ata o seu cumio, onde non poidemos disfrutar das fermosas vistas de todo o macizo das Ubiñas pola néboa e o forte vento que complicou bastante a parte final da ascensión.

A baixada foi pola mesma ruta logo de pasar polo lago Turbio.

Distancia: 15,3 km.

Desnivel acumulado: 1.433 m.

Domingo 19 de xaneiro 2020

Ascensión ao Peña Rueda (2.152):

Saímos dende a aldea de Cortes para remontar o val formado polo arroio Buseca ata un outeiro onde comeza a ascensión máis forte polas ladeiras do Peña Rueda, con inclinacións entre 35º – 40º.

O esforzo da forte subida non se veu recompensado coas vistas que nos ofrece o seu cumio debido outra vez a néboa que somentes fixo un tímido intento de levantarse.

A baixada fixémola pola vertente oposta cunha visibilide moi reducida até chegar aos faiais e pastos de altura coñecidos como Veiga Manín, onde xa as nubes quedaron nas alturas e poidemos disfrutar das vistas e do sol a ratos.

Distancia: 14,3 km.

Desnivel acumulado: 1.365 m.

Crónica de Chema Blanco. Fotografía: Salva Moreira.

Grupo formado por 13 socios federados do club (11 socios e 2 monitores).

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/588401928641208/

COMPARTIR: