Ser de AROMON

Se che gusta a aventura e o deporte, podes asociarte e federarte en AROMON.

En AROMON estamos encantados de facer amigos/socios, de compartir experiencias e sabermos unha pequena grande familia.

Adri Moreira0 e1588762840193

Socia/o Individual

Rexistro como soci@ individual maior de 18 anos.
Cota anual de xaneiro a decembro.

A alta como soci@ confírmase unha vez completado o rexistro e pago.

52,00 €

IMG 8640 scaled

Socia/o Familiar

Esta cota está pensada para unidades familiares que convivan fisicamente no mesmo enderezo; as persoas menores de idade non pagan cota, seguindo a seguinte táboa:

  • FAMILIAR 1. 1 adulto +menores = cota 52€
  • FAMILIAR 2. 2 adultos +menores = cota 78€
  • FAMILIAR 3. 3 adultos +menores = cota 93€
  • FAMILIAR 4. 4 adultos +menores = cota 108€

A tramitación como Socias/os Familiares confírmase unha vez completado o rexistro e pago, rexistrándose e seleccionando a opción FAMILIAR axeitada.

Fedérate con AROMON

Procedemento para tramitar unha licenza

    1. Para federarte con AROMON tes que ser socio/a.
    2. En función básicamente do deporte e da idade, tes varias modalidades dentro da licenza de Montañismo, ou de Orientación.
    3. As persoas asociadas ao Club AROMON Pontevedra terán axudas nas licenzas deportivas (e inscricións a probas) segundo se estipula no documento de cotas de socias/os.
    4. Consultade cada caso na información da Federación Galega de Montañismo, na Federacion Española de Orientación ou escribe a info@aromon.gal