Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the complianz-gdpr domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/u767443633/domains/aromon.gal/public_html/wp-includes/functions.php on line 6114

Notice: A función _load_textdomain_just_in_time chamouse de forma incorrecta. A carga da tradución para o dominio astra activouse demasiado pronto. Isto adoita ser un indicador de que algún código do plugin ou tema se executa demasiado pronto. As traducións deberían cargarse na acción init ou máis tarde. Por favor, visita Depuración en WordPress para máis información. (Esta mensaxe foi engadida na versión 6.7.0) in /home/u767443633/domains/aromon.gal/public_html/wp-includes/functions.php on line 6114
Campionato do Mundo de Raid de Aventura – AROMON

Campionato do Mundo de Raid de Aventura

O deportista do club Aromon, Adrián Moreira, vén de proclamarse 7º no Campionato do Mundo de Raid de Aventura que se celebrou en Sudafrica, tras completar un total de 910 km en 144 horas NON-STOP.

A proba comezou o pasado día 19 de novembro na comarca surafricana de Kouga, reunindo un total de 109 equipos de 33 países diferentes.

O equipo estivo integrado pola brasileira Mariana Pontes, os coruñeses David Senra e Marcos Muiño e o vigués Adrián Moreira.

Nesta proba os equipos tiveron que enfrontarse a un total de 10 sección combinando bicicleta de montaña, trekking e kayak. Seguindo a seguinte secuencia:

S1 – 56km – Pe +1328

S2 – 181km – BTT +2421

S3 – 80km – Pe e cordas + 3112

S4 – 10km – Pe +90

S5 – 65km – kayak

S6 – 3km – Pe

S7 – 224km – BTT +2390m

S8 – 64km – Pe +1500m

S9 – 124km – BTT +2800m

S10 – 32km – Pe +500m

A proba comezou na zona de costa, entre prados, pequenos outeiros e grandes praias con dunas que chegaban ata onde alcanzaba a vista. Despois ía meténdose no interior do país, combinando zona de montañas con zonas de sabana, seca e árida, para volver acabar na costa e volver a ver inmensas dunas e praias infinitas. Un recorrido moi moi inhóspito e salvaxe.

Con este resultado o equipo obtivo o mellor posto acadado ata a data por un equipo galego nun campionato do mundo de raid de aventura.

COMPARTIR: