Campionato Xunta de Galicia UltraScore Rogaining – Boletín Informativo

O próximo 25 de Maio o Club Aromon Pontevedra organiza o Campionato Xunta de Galicia Ultrascore-Rogaining 2024. Esta competición oficial está amparada pola Federación Española de Orientación (FEDO), o Consello Superior de Deportes (CSD) e a Federación Galega de Orientación (FEGADO).
Este formato está aberto a calquera persoa que queira participar, en equipos de 2 a 5 participantes, xa sexa en promoción ou en categoría oficial. A efectos de clasificación para o Campionato Xunta de Galicia de Ultrascore Rogaining, unicamente computarán deportistas con licenza federativa de tempada FEDO por un club galego.
As persoas non federadas ou con licenza de proba só poderán participar en categorías de promoción (Open Curto ou Open Longo).
A proba terá lugar no concello de Meis como centro neurálxico, transcorrendo os percorridos polos concellos de Meis, Poio e Meaño.

No seguinte enlace podes descargar o primeiro Boletín Informativo coa descrición, horarios, información técnica e regulamento da proba.

COMPARTIR: