Achegamos a circular de actividades do mes de outubro que ven cargadiña de eventos , retomando o curso de iniciación a escalada, a liga local de orientación ChemaSport ¡con adestro técnico incluído!, alta montaña polos Picos de Europa e a nosa clásica actividade de outono para pais e nenos do MAGOSTO NO COUREL.
Os aficionados á btt poderán disfrutar doutra proba da liga O-BM, e os raiders do Campionato Galego de Raids no sur de Pontevedra, en Budiño.
Seguindo co noso compromiso de formación cara ós nosos socios, teremos unha charla de achega sobre interpretación da meteoroloxía básica e cómo plantexar as nosas saídas montañeiras en función dela. A charla prevista sobre cogumelos aprázase para o mes de novembro por mor do tempo ¡é preciso que chova!
Sen máis, para calquera cuestión quedamos á vosa disposición mediante correo-e ou na oficina os mércores, xoves e venres de 20.30 a 21.30h.
[gview file=”https://aromon.es/wp-content/uploads/2016/09/CIRCULAR-2016-10-OUTUBRO.pdf”]