Circular actividades setembro

Retomamos con esta comunicación á nosa actividade habitual no Club Montañeiros de Pontevedra – A Roelo co mes de setembro cargado de eventos.
Como evento principal, o vindeiro sábado 24 de setembro celebrarase a andaina do club III PonteANDAR 2016 polas nosas terras, polo que aproveitamos para solicitar a colaboración dos soci@s do club na súa organización. O fin de semana do 17-18 organizaranse dous percorridos de preparación da andaina para aqueles que queiran implicarse.
Se estades interesados en colaborar poñédevos en contacto co noso vogal de andainas e organizador principal do evento, Segundo Querejeta.

Lembramos dende o club que a participación dos seus socios na organización dos nosos eventos conta coma obxectivos cara a obtención da licenza de balde 2017.

Ademáis do gran evento do mes, continuamos ca programación prevista e no segundo fin de semana do mes faremos a charla de achega sobre astronomía no destino Starlight das Illas Cíes, e enlazamos o domingo cunha xornada de escalada no fermoso escenario do Castro Baroña.

Retomamos a liga galega de raids de aventura e orientación a pé, e culminamos o mes con outra xornada do PontePEDRAS, nesta ocasión con ambente mariño na praia de Menduíña (Cangas).

Lembramos que a partires do xoves 1 de setembro a oficina do club abre co horario habitual: mércores, xoves e venres de 20.30 a 21.30h, días laborables, quedando a disposición dos socios para o que sexa necesario.

[gview file=”https://aromon.es/wp-content/uploads/2016/08/CIRCULAR-2016-09-SETEMBRO.pdf”]

COMPARTIR: