Na recta final do ano, achegamos a circular de actividades de club cargadiña de actividades. Rematamos a Liga Galega de orientación con dúas probas de O-BM e o campeonato de relevos. Dúas saídas montañeiras, unha pola zona de Riaño e a nosa xa clásica celebración “MARCHA FINDANO”, na que brindaremos e disfrutaremos de doces de nadal pola serra portuguesa da Peneda.
Interesantes charlas de achega: primeiros auxilios, cogumelos, astronomía de outono e cómo equiparnos cara o inverno na montaña
Temos unha cita o 2 de novembro ás 20.30 horas nunha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA.
E non vos esquezades da nosa cita anual da ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS, o 25 de novembro no salón de actos do Mercantil ás 20.00 horas, dando lugar ó seu fin á tradicional CEA de NADAL do club, no Hotel Avenida.
Os monitores e organizadores de actividades reunirémosnos o sábado 17 pola mañán na oficina para falar do calendario do ano que vén, polo que todo aquel socio/a interesado/a en organizar ou dar ideas, está convidado a asistir. Tentaremos preparar un calendario 2017 á altura dos nosos SOCI@S!!
[gview file=”https://aromon.es/wp-content/uploads/2016/11/CIRCULAR-2016-11-12-NOVEMBRO-DECEMBRO.pdf”]