Circular de verán Xullo – Agosto

Achegamos a circular de actividades do club para os meses do verán, xullo e agosto, agardando que sexa da vosa interese a oferta programada.

Comezamos por unha aventureira xornada de escalada no Parque Nacional Peneda-Gêres aberta a tódolos socios federados, sendeirismo interpretativo “Camiña e coñece” pra aprender das nosas bolboretas, actividades do Ponteverán (curso iniciación á escalada e ori nocturna), 3ª proba puntuable da Liga Local Aromon-Chemasport, actividades para pais e nenos no río Caldo (O Xurés), descenso de barrancos e sendeirismo de verán moi preto de Pontevedra, polas beiras do fermoso río Umia.

Lembramos que coma tódolos veráns, a oficina pecha no mes de agosto polo que as inscricións ás actividades faranse por mail (aromon@aromon.es) ou no tel. da oficina 609 713 646 en horario mércores, xoves e venres de 20.30 a 21.30 horas.

Tamén lembrarvos que calquera trámite ca Federación Galega de Montaña deberá facerse con tempo durante o mes de xullo, xa que pecha por vacacións no mes de agosto.

CIRCULAR 2016 07 08 XULLO-AGOSTO

COMPARTIR: