Achegamos con esta comunicación a circular de actividades do mes de febreiro cargadiña de actividades.
Damos comezo ás xornadas de escalada en rocha (se a meteoroloxía o permite!!) e ás tardes de rocódromo. A tradicional actividade do noso club de montaña invernal este ano levarase a cabo en Peña Ubiña, e varias charlas de achega dan continuidade ó compromiso do club ca formación dos seus socios.
Suliñar a posta en marcha da escola de orientación do club, unha aporta importante pola formación e a divulgación do deporte da orientación, sobre todo nos máis cativos. Agardamos que o o noso club se consolide cas súas escolas de escalada e orientación coma un referente para estes deportes.
Con este envío quedan abertos os prazos de inscrición para tódalas actividades da circular, coma sempre na oficina ou a través do correo-e do club.