Co remate das vacacións do verán voltamos á rutina ca actividade normal do club, cun mes de setembro cargadiño de actividades: sendeirismo para tódolos gustos, de dificultade baixa pola illa de Cortegada (dificultade baixa), ou un pouquiño máis cañeiro na ruta dos Faros.
Retomamos a competición nas ligas MTB-O e raids de orientación, e o 23 de setembro os andaríns teñen unha cita en Pontevedra ca Liga Galega de Andainas 50km na IV ANDAINA PONTEANDAR, organizada polo noso club.
Para máis información sobre a andaina ou calquera evento do club podedes pasar pola oficina ou escribirnos un correo-e.
O venres 1 de setembro abriremos a oficina no noso horário cotiá: mércores, xoves e venres laborais de 20.30 a 21.30h.
Aproveitamos para comentar que nos vindeiros días achegaremos información sobre a próxima apertura das inscricións das escolas de escalada e orientación do club, para o curso que vén.