Circular Xullo-Agosto

Estimad@ soci@s,

Chegado o verán, astronómico o do sol xa veremos, achegamos circular cas actividades para xullo e agosto, algunhas que non estan no calendario anual, pero que xa é unha colaboración habitual ano tras ano co programa do concello PonteVERAN, e a xa clásica saída con nenos o Rio Caldo no Xures.
Tamén teremos algunha actividade con fins organizativos como a PREPARATIVA para andaina pertencente a Liga Galega 2014 da F.G.M. que imos organizar o 27 de setembro PONTEANDAR 50 KM, dirixida polo noso benquerido Segundo.
Aproveitamos para lembraros que tamen estamos inmersos noutro gran evento organizativo, como é o Campionato IBÉRICO de Raid de Aventura PontevedRAID, a celebrar os días 13 e 14 de setembro, e que por ala a finais de agosto, enviaremos unha circular para informaros de como vai a organización, e solicitar a vosa voluntariosa colaboración.
Temos en proxecto, a realización dalgunha actividade para nenos, tipo campamento urbano de deportes de montaña (escalada, orientación, etc), en época de vacacións escolares (verán ou nadal), que en caso de organizar informaremos con tempo.
NON ESQUEZADES os pais con nenos que a F.G.M. organiza un campamento para nenos de 10 a 14 anos, do 13 ó 17 de xullo (achegamos información).
CIRCULAR 2014 07 Xullo-Agosto
ActividadesMontañaXovenes2014

COMPARTIR: