Crónica Muíños do Folón e Tegra

O pasado domingo 16 de agosto desprazámonos ao Rosal para iniciar una camiñada que remataría na Guarda.

Comezamos na Ruta dos Muíños do Folón e Picón, ruta declarada Ben de Interese Cultural. Unha vez superado o desnivel dos muíños do Folón chegamos ao Chan de Cereixa, onde divisamos o val do Rosal, a desembocadura do Miño e o monte Tegra. Continuamos polas ladeiras do Campo do Couto ata chegar ao miradoiro, vistas espectulares da costa.

E de aí ao cumio do monte Torroso onde avistamos o seguinte obxectivo: A Guarda. Despois dunha pausa para tomar un café emprendemos a ruta que, aproveitando varios atallos, coroa os montes Facho e Tegra. Vistas da impresionante citania considera un dos exemplos de cultura castrexa-romana máis importantes do Noroeste peninsular e panorámicas da desembocadura do Miño, Portugal e o Océano Atlántico.

O tempo, entre sol e nubes ata o mediodía, e xa pola tarde algo de choiva que nos fixo desistir do baño na Praia do Muíño… pero compensounos a “cervexa” nun local da Guarda.

Sen dúbida una boa proposta para o verán.

COMPARTIR: