Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the complianz-gdpr domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/u767443633/domains/aromon.gal/public_html/wp-includes/functions.php on line 6114

Notice: A función _load_textdomain_just_in_time chamouse de forma incorrecta. A carga da tradución para o dominio astra activouse demasiado pronto. Isto adoita ser un indicador de que algún código do plugin ou tema se executa demasiado pronto. As traducións deberían cargarse na acción init ou máis tarde. Por favor, visita Depuración en WordPress para máis información. (Esta mensaxe foi engadida na versión 6.7.0) in /home/u767443633/domains/aromon.gal/public_html/wp-includes/functions.php on line 6114
Crónica polo val do Arenteiro. – AROMON

Crónica polo val do Arenteiro.

13 de Decembro 2020

Aromon Montañeiros de Pontevedra

Logo de ter adiado esta saída nalgunha ocasión puidemos finalmente realizala e así despedir este ano tan atípico cunha ruta marcadamente outonal que atravesa lugares de grande valor histórico, paisaxístico e etnográfico pola marxe do río Arenteiro e o val do Avia.

O camiño, que parte do Carballiño, transita nunha primeira parte por un camiño de pescadores pola beira dereita do río Arenteiro. Logo xa teremos que continuar polo Monte das Regas e coller o desvío ata Ponterriza.

A ponte medieval que dá nome ao lugar é a entrada desta fermosa aldea onde ademais da ponte veremos hórreos e cruceiros moi ben conservados.

Seguimos a ruta entre carballeiras frondosas e arrodeados dos amarelos e ocres propios desta época do ano. Deixamos atrás a igrexa románica de San Mamede e atravesamos a aldea de Paradela.

Nesta parte do traxecto principiaremos unha longa baixada que nos levará outra vez ata o río Arenteiro.

Entre abeleiras, bidueiros e outras especies propias do bosque de ribeira vemos a ponte do Castro, tamén de orixe medieval. Neste tramo o río baixa moi encaixado e con moita forza, formando preciosos rápidos.

Continuamos o percorrido agora de subida facendo zigzags entre carballos ata Cimadevila. O camiño desvíase neste punto á esquerda e logo dun quilómetro por unha corredoira chegamos a Cabanelas.

Dende aquí divisamos o val do río Avia e a paisaxe modelada en socalcos onde se colleita o viño do Ribeiro.

Continuamos o traxecto polo chamado camiño Real durante quilómetro e medio ata atoparnos unha vez máis co río. Pola marxe dereita seguimos ata a ponte do Santo sepulcro e que unha vez atravesada nos levará á aldea de Pazos do Arenteiro; un compacto núcleo moi ben conservado, formado por un conxunto de casas populares e nobiliarias e onde o Arenteiro desemboca no Avia.

Aproveitamos para repoñer forzas e brindar con oporto polo ano que vén e porque sigamos percorrendo lugares, montañas e sendeiros, antes de principiar o camiño de volta.

Bo Nadal a tod@s e saúdos montañeir@s

COMPARTIR: