Entrerías Pontesampaio Pontevedra

Una vez collido o tren en Pontevedra, en cinco minutos chegaremos o noso destino, Arcade.
Tomaremos un sabroso café e sairemos dirección o camino portugués para atravesar a preciosa e antiga ponte de Pontesampaio. Remontaremos o barrio de O Vao, O Souto e baixaremos o río de Ulló ainda recorrendo o camino Portugues a Santiago.
Xusto despois de atravesar a ponte sobre o río, a uns 200 m, viramos a dereita e adandoaremos dito camiño en dirección O Rañadoiro. Por esas frondosas beiras, iremos ascendendo ate o pobo, deixando unha serie de cruceiros o noso carón.

Xa atravesado o Rañadoiro, disfrutaremos dunha antiga construcción duns 150m que é o tempo, muro e acueducto, o Paredón. No seu final, chegaremos ate unas balsas onde se acumulaba a auga para surtir a vila. Continuaremos por bosques e algunhas leiras para gando, sempre ascendendo, pero moi lentamente.
Asi, paseniño, chegaremos a unha cabaña forestal onde pararíamos a tomar un pequeño almorzó e beber algo. Cotinuaremos un tramiño por unha pista forestal, para coller un desvio a dereita e ir buscando xa o teito da ruta, A Fracha (542m). Xusto antes de chegar pasaremos por un bosque de piñeiros e xa dende ahí cara o cumio, onde disfrutaremos dunhas increíbles vistas das rias de Pontevedra e Vigo e os montes dos arredores de Pontevedra. Por un lado a zona de Pontecaldelas, chegando a verse os cumios do Candán, pero tamén unas vistas privilexiadas da zona de Xeve, o Acibal e chegando incluso a zona do monte Xiabre.
Dende ali, baixaremos a comer e reponer forzas no merendero, non chegamos ainda a metade da ruta, pero si que pasamos a parte mais dura.

Retomaremos pasando preto do polígono de O Campiño, o lugar de Pintose a Ermida, onde cruzaremos con moito ollo a PO-531. E a PO-243. Dende alí, subiremos cara Mourente, o carón dunha explotación de resina nun bosque de piñeiros e tamén outra zona con bosques repoboados de frondosas, no monte do Castro e Monte Xanín.
Baixaremos de novo para cruzar a N 541 a altura de Carabelos e nos acheragemos pola zona da Condesa a senda peonal do Lérez. A percorreremos case na sua totalidade, para cruzar, a altura do balneario de Monteporreiro a marxe dereita, donde culminaremos a ruta na iglesia de san Bieito de Lérez.

Coma sempre achegamos as rutas de wikiloc e tamén o vídeo creado por Manuel Ferreiro

 

 

A primeira vez que o clube fixo esta ruta foi no ano 1996, como mostra, esta foto:

COMPARTIR: