A vindeira semana dará comezo a escola deportiva de orientación do club, con dúas citas semanais en Pontevedra (martes) e Vigo (xoves) en horario de 16:30 a 18:30h, e localizacións variadas todas na contorna de cada cidade.
Continuamos, un ano máis, cun dos proxectos máis ambiciosos na sección de Orientación en canto a actividades de formación: a Escola Deportiva de Orientación.
A nosa finalidade é promover e mellorar a calidade nos aspectos físicos e técnicos neste deporte nos/as nosos/as socios/as.
Como novidade este ano, e por solicitude dalgunhas/úns soci@s, engadimos a variabilidade de horarios (existirán días ao longo do ano en que as clases se fagan en horarios alternativos: de 16:30 a 18:30 // de 17:30 a 19:30 // noite).
As localizacións serán:
– Pontevedra (MARTES). Instalacións e contorna do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, Illa das Esculturas, Monte A Escusa, Lagoa de Castiñeiras, Acibal, Moscoso.
– Vigo (XOVES). Instalacións e contorna do Campus Universitario de Vigo CUVI, O Castro (Vigo), Monte Galiñeiro, etc.
Actividade: Clases de orientación en grupos organizados (máximo 15 participantes), durante o período de Outubro 2020 – Maio 2021.
Requisitos: Ser socia/o do clube , con coñecementos de orientación.
Data de inicio: Semana do 13 ao 15 de Outubro.
Inscrición: A partires do 1 de outubro, na seguinte dirección web: https://aromon.es/inscripciones/inscricion-escola-orientacion-aromon-2021
Inclúe organización, material, instalación, técnico deportivo e seguro para os/as non federados/as.
Organiza: Ricardo Figueroa (escolaori@aromon.es)
PROGRAMA
1. GRUPO NEN@S (avanzado): orientado aos/ás nen@s soci@s do club. Nº de prazas: 5, de 9 a 17 anos, 1 día á semana. Duración: 2hs, franxa horaria: 16:30-18:30. Tarifa: 15€/mes. Traballarase con el@s coma un grupo pequeno de adestramento, tanto con conceptos teóricos, adestramentos físicos e mellorando conceptos e técnicas.
2. GRUPO ADULTOS (avanzado): orientado a soci@s do club. Nº de prazas: 10 (maiores de idade), 1 día á semana. Duración: 2hs, franxa horaria: 16:30-18:30.
Tarifa: 20€/mes. Traballarase con el@s coma un grupo pequeno de adestramento, tanto con conceptos teóricos, adestramentos físicos e mellorando conceptos e técnicas.
Notas importantes:
1.- Para calquera dúbida, podedes contactar directamente co departamento correspondente no email: escolaori@aromon.es
2.- A escola rexerase polo calendario oficial escolar aprobado para o 2020/21, tanto os nen@s coma os adultos.
3.- Unha vez se cubran as prazas conformaremos os grupos definitivos, confirmando ós/ás soci@s de forma inmediata. En función da demanda o club estudará posibles alternativas, como a posibilidade de crear un grupo a maiores.
4.- O abono da escola de orientación farase de dous xeitos:
1. Grupo nen@s: realizaranse dous pagos, co fin de facilitar o mesmo e de crear un compromiso de asistencia ca escola:
– 1º pago: 45€.
– 2º pago: 75€ (de xaneiro a maio de 2021).
2. Grupo adultos: realizaranse dous pagos, co fin de facilitar o mesmo e de crear un compromiso de asistencia ca escola:
– 1º pago: 60€.
– 2º pago: 100€ (de xaneiro a maio de 2021).
No seguinte enlace poderás atopar toda a información necesaria, así coma o formulario de inscrición: https://aromon.es/inscripciones/inscricion-escola-orientacion-aromon-2021/
Para calquera dúbida, máis información ou inscrición podes contactar en escolaori@aromon.es, ou tamén na oficina do club.