Querémosvos presentar un ano máis a actividade a desenvolver nas instalacións do Pavillón Municipal da Xunqueira, co fin de achegar e promover o deporte da escalada aos nosos socios. A maiores e como novidade formaremos parte da rede de escolas municipais, a cal compaxinaremos coa propia escola do club.
Actividade.- Clases de escalada en grupos organizados a desenvolver no Rocódromo durante o período de Outubro 2017 – Maio 2018.
Requisitos.- Ser socio do club e ter feito algún curso de iniciación (ou ben experiencia en escalada deportiva acreditable).
Data de inicio.- Martes 03 de Outubro Lugar.- Rocódromo Municipal da Xunqueira
Inscrición.- A partires do 1 de setembro, por correo-e ou na oficina do club, enviando nome, d.n.i., data de nacemento e teléfono a: aromon@aromon.es ata cubrir prazas. Inclúe organización, material, instalación, técnico deportivo e seguro para os non federados.
Organiza.- José Juan Domínguez (socio nº 40).
Programa.-
-
GRUPO NEN@S (avanzado).- orientado aos nen@s socios do club e de segundo ano na escola, con posibilidade de acudir máis dun día. Nº de prazas: 6 por día, de 9 a 17 anos, 2 días á semana (martes e xoves). Duración: 1h ½, franxa horaria: 18:30-20:00. Tarifa mes: 20€
Traballarase con eles coma un grupo pequeno de adestramento, mellorando conceptos de progresión, seguridade e rendemento deportivo. A escalada fomenta unha maior autoestima e confianza e a maiores, facilita o traballo da coordinación, flexibilidade e a atención.
-
GRUPO ADULTOS (avanzado).- orientado a socios escaladores que busquen aumentar o seu nivel de escalada deportiva (12 socios máximo). Os grupos realizarán adestramentos dirixidos.
-
Grupo A: 1 día a semana (mércores) – Nº de prazas: 6
Duración: 2h Franxa horaria: 20:00-22:00. Tarifa mes: 25€
-
Grupo B: 2 días a semana (martes e xoves) – Nº de prazas: 6
Duración: 2h Franxa horaria: 20:00-22:00. Tarifa mes: 35€
Inicio das inscricións: A partires do 1 de setembro
Notas importantes:
1.- A escola rexerase polo calendario oficial escolar aprobado para o 2017/18, tanto os nen@s coma os adultos. As clases serán impartidas por un Técnico Deportivo/Guía de Escalada en roca con titulación oficial e competencias en docencia e adestramento.
2.- Unha vez se cubran as prazas conformaremos os grupos definitivos, confirmando ós socios de forma inmediata. En función da demanda o club estudará posibles alternativas, como a posibilidade de crear un grupo a maiores na tarde dos venres.
3.- O abono da escola de escalada farase en dous pagos, co fin de facilitar o mesmo e de crear un compromiso de asistencia ca escola:
– 1º pago: de outubro a decembro de 2017
– 2º pago: de xaneiro a maio de 2018
4.- No referente a Escola Deportiva Municipal de escalada, onde traballaremos con grupos de iniciación, adiantaremos máis información unha vez sexa oficial. A idea coma sempre será a de achegar e promover o deporte da escalada pero esta vez, ao público en xeral (o club terá dereito a reserva dunha porcentaxe das prazas).