1ª Carreira de Orientación Eurocidade Tui-Valença – 11ª Proba Liga Aromon ChemaSport 2018

Desenvolvemento.- A Liga Local AROMON ChemaSport é unha iniciativa do Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo que ten como obxectivo iniciar no deporte da orientación a todo aquel que o desexe.

Contaremos con unha única modalidade que se desenvolverá na contorna das vilas de Tui (a partir das 16hs) e Valença (a partir das 10hs):

  • O-Pé: Contará con tres percorridos: Iniciación nenos (nivel de esixencia físico e técnico baixo, ideal para nenos),iniciación adultos (nivel de esixencia físico e técnica baixo pero orientado a adultos e nenos con experiencia) e avanzado (nivel de esixencia físico e técnico
    alto, SÓ para federados en orientación)

 

Custo (1 proba, haberá descontos para o pack das dúas probas):

  • Socio Club Federado FEDO/Federado FEDO/FPO igual ou menor 15 anos 0,00€
  • NON federados igual ou menor 15 anos 2,00€
  • Socio do Club NON federado FEDO/FPO 4,00€
  • NON Socio Federado FEDO/FPO (> 15 anos) 8,00€
  • NON socio NON federado (>15 anos) 6,00€

Inscricións.- Dende o xoves 27/09 até o mércores 10 de outubro ás 22:00h na oficina do club, ou a través da páxina: https://aromon.es/inscripciones/eurocidade2018

COMPARTIR: