I Xornada de promoción da escalada en idade escolar

[et_pb_section fb_built=”1″ _builder_version=”4.10.7″ _module_preset=”default” custom_margin=”0px||||false|false” custom_padding=”0px||||false|false” hover_enabled=”0″ sticky_enabled=”0″][et_pb_row _builder_version=”4.10.7″ _module_preset=”default”][et_pb_column _builder_version=”4.10.7″ _module_preset=”default” type=”4_4″][et_pb_text _builder_version=”4.10.7″ _module_preset=”default” hover_enabled=”0″ sticky_enabled=”0″]

Dende o club e por iniciativa da vogalía de escalada nos comprace convidarvos á I XORNADA DE PROMOCIÓN DA ESCALADA EN IDADE ESCOLAR en Pontevedra.

O obxectivo da xornada é que todolos nenos e nenas interesados entre 6 e 15 anos do Concello de Pontevedra teñan un primeiro contacto con este deporte que tanto gusta aos máis pequenos, dunha forma lúdica e divertida.

Animamos aos socios e socias máis pequenos do noso club a que inviten a algún amigo/a ou participar

A actividade contará con monitores do Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo e desenvolverase o sábado 18 de setembro de 10:30 a 13:30h no rocódromo do Pavillón Multiusos da Xunqueira en 3 quendas dunha hora de duración con actividades, xogos e escalada con corda.

A Xornada é DE BALDE, e será previa inscrición por orde de entrada até o venres 17 de setembro ás 12:00h, a través de:

–  Formulario Google: https://forms.gle/gUwD9XoBaWXwvQuH7

–  Por correo-e: escalada@aromon.es indicando:

  • nome e apelidos do neno/a,
  • ano nacemento,
  • móbil pai, nai ou titor,
  • correo-e
  • e preferencia de quenda – 10:30 / 11:30 /12:30

De xeito excepcional e só se inda quedan prazas libres

– Na oficina do club o venres 17 de setembro de 20:00 a 21:30h

– Por teléfono (609 713 649) no horario de oficina o venres 17 de setembro de 20:00 a 21:30h

Esperámosvos a todos!

[/et_pb_text][/et_pb_column][/et_pb_row][et_pb_row _builder_version=”4.10.7″ _module_preset=”default”][et_pb_column _builder_version=”4.10.7″ _module_preset=”default” type=”4_4″][et_pb_image src=”https://aromon.es/wp-content/uploads/2021/06/escalada.png” _builder_version=”4.10.7″ _module_preset=”default” alt=”ESCALADA” title_text=”escalada” hover_enabled=”0″ sticky_enabled=”0″ align=”center” width=”35%”][/et_pb_image][/et_pb_column][/et_pb_row][/et_pb_section]

COMPARTIR: