O día 26 de setembro do 2015, o Club Montañeiros de Pontevedra – A Roelo, contando ca
colaboración do Concello de Pontevedra, Concello de Barro, I.M.D. de Pontevedra, Panaderías Acuña,
Alimentación Isabel e Coca-Cola, organiza a andaina “II PONTEANDAR 50 Km” de Pontevedra,
valedoira para a Copa Galega 2015 de Andainas de 50 Km da Federación Galega de Montañismo.
Paralelamente desenvolverase unha andaina curta, cun percorrido de 30 Km, que coincide co
itinerario da Andaina de 50 Km.
A inscrición deberá realizarse cubrindo este formulario e ingresando
a cota correspondente na conta de ABANCA indicando no concepto o código 50km + nome e apelidos do participante (ou nome do club en caso de pago múltiple)
Toda la información en el siguiente pdf.