Fai uns días soubemos da vindeira aventura do noso incombustible socio Adri Moreira. El presentóunola así:
” O Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés conta con 8 cumes que superan os 1000 m.s.n.m.
Alto do Pisco (1398 m), Pico de Fontefría (1.457 m), Pico da Nevosa (o máis alto, con 1.550 m.), Pico Cruz do Touro (1.231 m.), Pico de Santa Eufemia (1.107 m.), Alto do Quinxo (1.166 m.), Pico Serra de Queguas (1.201 m.) e Cume de O Codesal (1.334 m.).
Se trata de realizar unha travesía correndo e nunha soa etapa, que conecte tódolos picos deste parque, nunha ruta duns 80 km. O desnivel… o saberemos ao rematar jejejeje En solitario, pero con axuda de asistencia en puntos determinados. Intentarei levalo a cabo na segunda quincena de marzo.
O Parque Natural do Xurés é o máis grande dos 6 que temos en Galicia, con presencia de especies tan emblemáticas como o Lobo Ibérico (Canis lupus signatus), a Cabra Montesa (Capra pirenaica), a emblemática Águia Real (Aquila chryseatos) ou o Lirio do Xurés (Iris boissieri) entre moitas outras especies de fauna e flora.
A parte do reto deportivo/aventureiro tamén é unha posta en valor e visualización deste entorno granítico único do que dispoñemos en Galicia, sempre ameazado e castigado polos incendios forestais.
Cuidemos o noso medio natural.
Un saúdo.
Adrián”
Só nos queda desexarlle a mellor das sortes e que volva axiña para contarnos cada detalle desta nova aventura.