Primeira proba da LEOAP

[et_pb_section fb_built=”1″ _builder_version=”4.9.6″ _module_preset=”default” hover_enabled=”0″ custom_margin=”0px||0px||true|false” custom_padding=”0px||0px||true|false” sticky_enabled=”0″][et_pb_row _builder_version=”4.9.6″ _module_preset=”default”][et_pb_column type=”4_4″ _builder_version=”4.9.6″ _module_preset=”default”][et_pb_text _builder_version=”4.9.6″ _module_preset=”default”]

Gran fin de semana de orientación en Alicante coincidindo coa primeira proba da Liga española de orientación a pé e o segundo evento puntuable para o europeo de Lituania.

O obxectivo estaba claro dende o principio, saír a dalo todo nas tres probas xa que, cun total de nove carreiras para facer a selección, non se pode fallar en ningunha.

Malia que xa correra na zona de Santa Pola no PNTD de 2020 atopámonos cun terreo canto menos interesante. Tanto a media como a longa desenvolvéronse nun entorno con desniveis moi suaves onde os únicos metros positivos acumulabánse ao paso de varios barrancos que, aínda que non levaban auga, tiñan a súa dificultade técnica con numerosos cortados e detalles rochosos. O resto do mapa caracterizábase por grandes extensións con vexetación media-baixa nas que non había moitos elementos liñais nos que apoiarse, o que provocou que a lectura de verdes e os rumbos foran algúns dos aspectos clave.

Para min, e penso que para moitos, a dificultade residiu na irregularidade do terreo que ao estar cheo de pedras soltas obligou a moderar o ritmo de carreira e fixo difícil rematar as probas sen torcer algunha que outra vez os nocellos. Alén diso, a calor foi un factor importante con temperaturas entre 25 e 30 graos ás que algúns non estamos adaptados.

A nivel resultados, volvo a casa máis que contento. O nivel coma sempre nas carreiras nacionais foi moi alto e de cara á clasificación do EYOC estamos seis ou sete corredores con tempos similares en todas as probas.

Na media cometín algún erro técnico importante que provocou que quedara fóra dos postos de arriba e que rematara en 8° lugar. Pola tarde o sprint foi bastante entretido con balizas de lectura de curva de nivel e sendas en dous parques ao principio e ao final. Atopeime ben fisicamente e cunha carreira sen practicamente despistes técnicos conseguín facer 3° a once segundos do gañador.

Para rematar, o domingo a larga déuseme bastante ben. Conseguín atopar un ritmo constante que me permitía ir lendo tamén con precisión, e grazas a isto e a non acumular erros técnicos conseguín repetir o 3° posto e terminar a finde con boas sensacións.

Como conclusión penso que hai que dar as grazas á organización por permitirnos volver a unha proba de liga nacional despois de tantos meses de parón.

É sempre un pracer poder compartir estas findes cos compañeiros do club e da FEGADO. Agora xa a pensar no que está por vir, 3 e 4 de xullo en Cádiz (terceira e definitiva fin de semana de clasificación para o EYOC), coas mesmas ganas de sempre.

Unha crónica de Xián Novoa

[/et_pb_text][/et_pb_column][/et_pb_row][/et_pb_section]

COMPARTIR: