Ruta circular con inicio no balneario histórico de Cortegada, situado na beira do río Miño. Seguindo o sendeiro pola marxe esquerda do río entre un frondoso bosque de ribeira pasamos polas aldeas, xa en ruinas, de A Barca e O Vao.
A continuación deixamolo río e comezamos un tramo de subida que nos conduce ata a igrexa San Benito do Rabiño.
Pasado este lugar continuamos o percorrido, que transcorre na súa maior parte por pistas forestais, ata chegar o Priorato de Refoxos. Continuamos ruta por sendas e camiños e chegamos á igrexa de San Martiño de Valongo.
Pasado este lugar, e nun tramo de baixada, chegamos á altura de Ponte Trado e continuamos a senda pola dereita do río Deva ata que este se xunta co Miño no Encoro de Frieira. Xa neste puntoa senda dicorre paralela o río Miño, únicamente nos desbiamos lixeiramente para pasar por Vilanova da Barca.
Contuinuamos pola beira do encoro ata chegar novamente ó, hasta llegar nuevamente al balneario de Cortegada, punto de inicio e fin da ruta.