VISITA Ó CEIP LAREDO DE CHAPELA

O mércores 26 de abril impartíronse unhas charlas no CEIP de Laredo (Chapela, Redondela). Estas charlas encádranse dentro da actividade “Coñece o meu club“, xestionada a través do programa XOGADE da Xunta de Galicia, na que os monitores do clube se desprazan aos centros educativos que as solicitan para amosar as características deste deporte entre os escolares.

A participación neste centro foi duns 65 rapaces, que resolveron as súas dúbidas sobre este deporte. Asímesmo, moitos deles se mostraron moi interesados na participación de vindeiras probas, e a máis inmediata que teñen será o próximo domingo 7 de maio en Redondela

COMPARTIR: