Abrimos outubro coa nova de que un grupo de socios do club —Salva, Chema, Sergio, Antonio e Daviciño— desprazáronse recentemente ata a serra de Gredos para adentrarse na zona dos Galayos co obxectivo de escalar algunhas das súas vías máis emblemáticas.
Foron varios días de actividade que comezaron facendo vivac ao pé das paredes xunto ao mítico refuxio Victory. Posteriormente tiveron lugar as ascensións, onde
as diferentes cordadas conseguiron completar con éxito as vías de: Sur de la Apretura (Pequeño Galayo), o Gran Diedro (Gran Galayo), a Sur Directa (Torreón) e a Underground – Malagón (Torreón).
Non cansos con iso, tamén aproveitaron para subir ata o cumio da Mira, desde onde se desfrutan unhas panorámicas espectaculares de toda a serra que comparten hoxe con nós.
Parabéns aos cinco pola actividade e sorte en novos retos!











