Chega a Pontevedra a primeira competición de escalada urbana de Galicia

🧗‍♀️🧗‍♂️ Atención, Pontevedra! 🎂

🎉O Club Aromon Pontevedra está a tope celebrando o seu 35º aniversario e que mellor maneira de festexalo que preparando a 1ª competición de escalada urbana de Galicia!

🤩 Estamos percorrendo a nosa fermosa cidade, probando e marcando os distintos pasos de escalada que vos farán vibrar.

💪 Prepárense para desafiar a gravidade en lugares emblemáticos de Pontevedra! 🏙️

⛰️ Será unha experiencia única e emocionante para escaladores/as de todos os niveis, e todo dentro dos actos do noso 35º aniversario!

😉 Estade atentos/as ás nosas redes sociais para máis novidades sobre a data, inscricións e todos os detalles desta proba histórica!

🗓️#EscaladaUrbana #Pontevedra #AROMON #Galicia #Deporte #Aventura #Escalada #AROMON35 #Celebracion

COMPARTIR: