O domingo 23 de agosto o club AROMON realizou o último costering da temporada 2020 no enclave de Punta Cabicastro, no concello de Sanxenxo, entre as praias de Canelas e Paxariñas.
En palabras de algúns participantes “unha sorpresa espectacular ver un entorno tan salvaxe rodeado da excesiva urbanización turística da zona”. Quizás esas palabras sirvan para definir as pequenas marabillas escondidas que nos reserva a costa das Rías Baixas.
Os participantes desfrutaron do movemento entre rochas, saltos ao auga, natación, covas, túneles, furnas, etc.
Rodeados dun entorno marítimo de primeiro orde coas Illas Ons e Cíes de fondo, ademais da fauna costeira (cormoráns, gaivotas, percebes, etc.), a delicada flora e decenas de embarcacións indo e vindo.
A maiores un par de anécdotas na xornada: entre todos os participantes e coa axuda e supervisión do monitor, logramos rescatar a una gaivota enredada en restos de pesca. Aproveitamos tamén para retirar os restos de lixo que íamos encontrando no noso camiño.
En resumen: unha xornada estupenda onde se puído apreciar un pequeno tesouro escondido das vistas da poboación xeral.
Como sempre, un ambiente estupendo entre os participantes, con moito humor e ánimo.
Nos veremos pronto na actividade de barranquismo de setembro… Si o Covid-19 o permite…