Achegamos con esta comunicación a circular de actividades do club para o mes de outubro.
Como ben sabedes actualmente desfrutamos dun acordo de colaboración co Club Montañeiros Celtas segundo o cal os nosos socios poden participar nas actividades de ambos clubes sen distinción. Aproveitamos esta comunicación para facervos chegar que do mesmo xeito celebramos un acordo de colaboración co Club Fontiñas, de Santiago de Compostela:
Acordo de colaboración entre Clubs, Deportivo Fontiñas e AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo
O Club Deportivo Fontiñas e o Club AROMON Pontevedra ACORDAN colaborar, abrindo as actividades de ámbolos clubs aos respectivos socios de ambas entidades, nas disciplinas de montaña, sendeiros, infantil-xuvenil, patinaxe, orientación etc… .
O cal significa que o SOCIO dun club pode participar nas actividades de ambas entidades, nas mesmas condicións de inscrición, indistintamente de quen sexa o organizador
Ante calquera dúbida vos agardamos na oficina do club.